#XUVENTUDE

Premios Provinciais á Xuventude

Promover o talento e o potencial da mocidade da provincia

A Deputación de Pontevedra lanza unha nova edición dos Premios Provinciais á Xuventude para promover o talento e o potencial da mocidade da nosa provincia. A institución repartirá 36.000 euros entre os mellores proxectos dun total de doce categorías


A Deputación de Pontevedra pon en marcha a IX edición dos Premios Provinciais á Xuventude a través do Servizo de Xuventude e Reto Demográfico. O obxectivo destes galardóns é promover o talento da mocidade da provincia, e recoñecerán a calidade dos traballos realizados nun total de doce categorías: iniciativas xuvenís, iniciativa empresarial, educación en valores, investigación, contido audiovisual, traballo musical, traballo literario breve, banda deseñada, fotografía orixinal, deseño e moda, reacción polo clima e iniciativas xuvenís dos concellos.

Estes premios anuais están dirixidos, principalmente, a persoas de entre 15 e 35 anos.

Ademais, nalgunhas categorías prémiase tamén as entidades. Así ocorre coa modalidade de iniciativas xuvenís, que galardoa asociacións xuvenís e estudantís, e coa de iniciativas empresariais, destinada a persoas xurídicas con sede na provincia. Pola súa banda, as categorías de educación en valores e a de reacción polo clima diríxense a centros educativos con alumnado de entre 12 e 18 anos. E, finalmente, a categoría de iniciativas xuvenís dos concellos recoñece o labor de concellos da provincia que desenvolvan iniciativas enfocadas á mocidade.

O prazo de presentación de solicitudes será de dous (2) meses e comezará a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra e na Base de Datos Nacional de Subvencións.

Persoas galardoadas